A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de xuño de 2019, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas individuais para contribuír á formación práctica de persoas graduadas universitarias e relacionadas coa actividade da institución:

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.

c) Dúas bolsas de formación en publicacións.

d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.

e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis información no DOG do luns 17 de xuño de 2019

Secretaría Xeral do Tribunal Constitucional. Convocatoria de bolsa de formación en biblioteconomía e documentación relacionada cos fondos bibliográficos do Tribunal Constitucional. Dirixidas a persoas egresadas, cun mestrado o doutorado en Biblioteconomía e Documentación ou similar.
https://www.boe.es/…/di…/2019/05/09/pdfs/BOE-A-2019-6847.pdf