Se ha actualizado la sección de prácticas en empresas para el presente curso académico 2013/2014.

 Más información

 

A Facultade de Humanidades e Documentación convoca 10 premios divididos en 2 categorías: 5 premios para relatos curtos e 5 premios para poesía para o alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de bacharelato.

Prazo de presentación: ata o 6 de novembro de 2013

1º premio: 200 €

2º premio: 125 €

3º premio:   50 € (3 premios)

 

Cartel

Bases

 

 

Xa se atopan publicados na sección "Docencia" os listados dos Traballos de Fin de Grao das titulacións de Grao en Humanidades e Grao en Información e Documentación para o presente curso académico 2013/2014.

Será preciso solicitar a asignación por orde de preferencia dun número mínimo de tres temas ou liñas segundo modelo de impreso establecido no Regulamento de Traballos de Fin de Grao (Anexo I) e adxuntar unha copia do expediente académico.

O periodo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 15 de Novembro. As solicitudes entregaranse no Decanato da Facultade.

Máis información:

 

 

 

No DOG de onte publicouse a Orde do 19 de setembro de 2013 pola que se resolve a concesión de premios de fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no curso 2012 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

 

Cristina Rodríguez Prieto, alumna da Licenciatura en Documentación e Alfonso López Frieiro, alumno da Licenciatura en Humanidades obtiveron o mencionado premio.

 

Para acceder ó enlace do doga, prema aquí.

 

Publícase no BOE de hoxe a Resolución de 15 de xullo de 2013 do Instituto Nacional de Administración pública pola que se convocan bolsas de formación e investigación para titulados universitarios:
http://www.boe.es/boe/dias/2013/07/23/pdfs/BOE-A-2013-8027.pdf