- Detalles
- Escrito por Decanato
No enlace que se adxunta está dispoñible a listaxe definitva de persoas adxudicatarias do cuarto prazo das prazas de programas internacionais de mobilidade.
Anexo
Mobilidade internacional. Cuarta convocatoria. Listaxe definitiva de selección de Centro
- Detalles
- Escrito por Decanato
No enlace que se adxunta está dispoñible a listaxe provisional de persoas adxudicatarias do cuarto prazo das prazas de programas internacionais de mobilidade.
Anexo
Mobilidade internacional. Cuarta convocatoria. Listaxe provisional de selección de Centro
- Detalles
- Escrito por Decanato

O Servizo de Emprego da UDC, en colaboración coa Facultade de Humanidades e Documentación e o PAT deste centro, está a organizar o Programa de Mellora da Empregabilidade 2021-22 (máis información). Este programa consta dos seguintes módulos:
- Módulo I: "Fomento da Cultura Emprendedora". Temática: autoemprego e emprendemento, coñecementos para a realización dun plan de negocio modelo Canvas (3 horas). Realizarase unha dinámica de grupo. Programado para o martes 16 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas, na aula 2.2 da Facultade de Humanidades e Documentación. Inscríbete neste formulario.
- Módulo II: "Orientación laboral". Temática: probas de selección das empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas, elaboración do CV, a entrevista de traballo, dinámica de grupos. Data por confirmar.
- Módulo III: "Experiencias e Casos Prácticos de Inserción Laboral". Temática: persoal dos departamentos de RRHH de empresas informarán sobre os procesos selectivos que utilizan, competencias que avalían, etc., e, por outra banda, persoas emprendedoras contarán a súa experiencia na creación da súa empresa (4 horas). Realizarase para todo o alumnado da UDC, nunha data aínda por confirmar.
O alumnado asistente á totalidade dos seminarios deste programa poderá solicitar 1 crédito ECTS.
O Módulo I terá lugar no noso centro na seguinte data e lugar:
- Día: 16 de novembro
- Hora: 11:00-14:00 h
- Lugar: Aula 2.2 da Facultade de Humanidades e Documentación.
Podes formalizar a túa inscrición, de balde, no seguinte formulario de inscrición.
Iremos actualizando a información coas datas dos vindeiros seminarios. Non perdas a oportunidade de mellorar as túas competencias e habilidades!
Máis información:
- Detalles
- Escrito por Decanato
No Mestrado en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas hai dispoñible unha praza vacante pola anulación da matrícula dunha persoa. Polo tanto, ábrese un prazo extraordinario de matrícula até o día 29 de outubro de 2021.
Máis información:
- Detalles
- Escrito por Decanato
Ábrese un prazo extraordinario de matrícula no no Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade até o día 29 de outubro de 2021.
Máis información: