En el documento PDF que se adjunta a esta noticia se puede encontrar el listado listado provisional de alumnos admitidos y excluidos en el plazo de preinscripción para el alumnado con títulos universitarios de sistemas educativos ajenos al EEES no homologados del curso 2021/2022 del Máster en Estudios Avanzados en Museos, Archivos y Bibliotecas.

Reclamaciones: 10 de mayo a 14 de mayo

ANEXOS

Documento firmado

Informámosvos que con data de hoxe vén de publicarse na sede electrónica da UDC a listaxe definitiva de adxudicacións da convocatoria de mobilidade SICUE para o curso 2021/22.

Podedes consultar a información na sede electrónica da UDC (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2021/004677), así como na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais (https://www.udc.es/gl/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade-nacional-sicue/).

As persoas adxudicatarias deberedes ACEPTAR ou RENUNCIAR á praza nun prazo de cinco días hábiles dende o día seguinte á publicación desta resolución na sede electrónica, seguindo os pasos que se indican. O formulario, que atoparedes nesta ligazón (https://www.udc.es/gl/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade-nacional-sicue/) estará dispoñible ao longo do día, ou ben mañá, data na que comeza a contar o prazo de cinco días hábiles para confirmar a praza.

Unha vez cuberto o formulario deberedes achegar o impreso de aceptación ou renuncia, segundo corresponda, cuberto e asinado dixitalmente ou escaneado. Achegamos tamén os modelos de impresos. No caso de non presentarse a aceptación no prazo establecido, entenderase que renunciades á praza.

Aquelas persoas que aceptedes a praza, lembrade que o seguinte paso será o de elaboración do acordo académico, que debería deixarse listo antes do verán, para que así poidades presentalo no momento de realizar a matrícula na UDC. Para iso contaredes co apoio de Lucía Rey Ares, coordinadora SICUE da Facultade, co da Oficina de Relacións Internacionais da UDC, e co da Facultade, tanto por medio da mencionada coordinadora SICUE como da Vicedecana de Relacións internacionais e mobilidade, Elena Alfaya Lamas.

Documentos adicionales:

Listaxe definitiva de adxudicación da convocatoria de mobilidade SICUE - Curso 2021/2022

Impreso de aceptación

Impreso de renuncia

 

 

 

 

No enlace que se adxunta está dispoñible a listaxe provisional de persoas adxudicatarias do segundo prazo das prazas de programas internacionais de mobilidade.

Anexo

Mobilidade internacional. Segunda convocatoria. Listaxe provisional de selección de Centro

Isidor von Sevilla

Fuente: Wikimedia commons

O luns 26 do mes de abril celébrase a festividade de San Isidoro de Sevilla, patrón do centro, polo que a Facultade de Humanidades e Documentación permanecerá pechada todo o día. Aproveitando o tempo libre 😅, podedes botarlle unha ollada á súa principal obra, Etymologiae na BIblioteca Digital Hispánica, na que sistematiza e condensa todo o coñecemento do seu tempo. 

A Universidade da Coruña abre mañá, mércores 20 de abril, o prazo para presentar a documentación que acredite un Nivel B1 de inglés para a admisión no grao en Xestión Industrial da Moda no curso 2021/22. O certificados poderán remitirse, única e exclusivamente, a través da páxina web gradoindustrialmoda.udc.gal ata o vindeiro 16 de xuño. Cómpre lembrar que a acreditación do cumprimento deste requisito, ao tratarse dunha titulación bilingüe, non exime da realización dos trámites de acceso e admisión á universidade.

O cumprimento do requisito do nivel de inglés poderá acreditarse mediante o envío de calquera dos seguintes xustificantes:

  • Certificación oficial do nivel B1 de inglés (só se admitirán aqueles certificados recoñecidos pola Asociación de Centros de Linguas na Ensinanza Superior ACLES – acles.es)
  • Cualificación en inglés igual ou superior a 7 nos dous cursos de Bacharelato. O estudantado procedente de centros de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia non precisará presentar esta xustificación. Só deberá presentala o estudantado de centros de titularidade privada da Comunidade Autónoma de Galicia ou o estudantado tanto de centros públicos como privados doutras comunidades.
  • Ter cursado, en sistemas educativos de fala inglesa, 4º da ESO ou un curso de Bacharelato.
  • Diploma de asistencia e aproveitamento de nivel B1.2 ou superior de inglés, ou diploma de dominio de nivel B1 ou superior do Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Tamén se admitirán os certificados similares expedidos por outros centros de linguas doutras universidades españolas.

O Grao en Xestión Industrial da Moda impártese desde o curso 2018/19 na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol. Trátase dunha titulación única en España xa que aglutina materias de deseño, arte, xestión empresarial, enxeñaría de procesos, sistemas de información ou sustentabilidade. Boa parte destas asignaturas impártense integramente en lingua inglesa de aí que o alumnado interesado en cursar este título deba acreditar o seu coñecemento do idioma. O resto das materias impártese en galego ou castelán. A titulación oferta un total de 50 prazas e a nota de corte foi o curso pasado de 8.030.

Para calquera dúbida ou incidencias, podedes dirixirvos ao Campus Industrial (oficina.campusindustrial@udc.es, +34 881 01 3621).