- Detalles
- Escrito por Decanato
Non tendo recibidas recalmacións, a Comisión de selección decidiu, o día 30 de marzo de 2022 facer pública a seguinte proposta DEFINITIVA:
Bolsas de colaboración Exponav - listaxe definitiva
Contra esta resolución, a persoa interesada poderá interpoñer un recurso de reposición ante o reitor , no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da la publicación desta resolución na páxina da Facultade e na sede electrónica da UDC.
Más información:
- Detalles
- Escrito por Decanato
Unha vez que se reuniu a Comisión de selección na Facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol, o día 22 de marzo de 2022, para a valoración das solicitudes de tres bolsas de colaboración na Exposición Nacional da Construción Naval de Ferrol, co obxecto de avaliar as solicitudes presentadas, segundo a convocatoria que se publicou o 02/03/2022, decidiu facer pública a seguinte proposta PROVISIONAL.:
Bolsas de colaboración Exponav - listaxe provisional
Todas aqueles apartados e méritos nos que non se presentaron documentos acreditativos non fóron valorados. Establécese non obstante, un prazo ata as 14:00 horas do día 28 de marzo de 2022 para poder entregar se se desexa os ditos documentos. As reclamacións presentaranse mediante unha instancia na secretaría do decanato deste centro e dirixida ao presidente da Comisión de selección.
Más información:
- Detalles
- Escrito por Decanato
No enlace que se adxunta está dispoñible a listaxe definitiva de persoas adxudicatarias das prazas de programas internacionais de mobilidade.
Anexo
Mobilidade internacional. Primera convocatoria. Listaxe definitiva de selección de Centro
- Detalles
- Escrito por Decanato
- Detalles
- Escrito por Decanato

A Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade fai pública a convocatoria de 3 bolsas de colaboración na Exposición Nacional da Construción Naval de Ferrol para estudantes da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña.
O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 3 bolsas que permitan a formación teórica e práctica mediante a realización de actividades de apoio relacionadas coa dita exposición. As tarefas que hai que realizar son as seguintes: establecer un sistema de rexistro, catalogación, ordenación e almacenamento do fondo e tarefas de catalogación e organización da exposición, así como calquera outro de investigación, análise, recompilación ou desenvolvemento de materias incluídas na temática da exposición.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9 - 15001 – A Coruña), no Rexistro Auxiliar da Coruña ou no Rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Edificio de Apoio ao Estudo 15403- Ferrol), ou ben telemáticamente a través da Sede Electrónica da Universidade da Coruña.
O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 11 de marzo ás 14:00.
Máis información:
- texto completo da convocatoria [gallego]
- texto completo de la convocatoria [castellano]
- convocatoria en el tablón de anuncios electrónico de la UDC
Documentos: