- Detalles
O Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) do campus de Ferrol organiza o curso de verán Oriéntate e Planifica o teu futuro, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de setembro na Facultade de Humanidades. No programa de actividades incluiranse varias conferencias con expertos en orientación laboral, ETT e Ciencias do Traballo, así como profesionais do marketing e das redes sociais. Entre os relatores estarán Leticia Prada e Eliana Oliveros, de LEDE Escola de Emprendedores, que impartirán a conferencia Cine Fórum: Protagoniza a historia da túa vida; Frankie Gómez, de ConfirmSign, coa charla Vaca, a start up mínima, ou Felipe García Rey, de Acción Consciente, con Véndete.
Tamén están programadas tres mesas redondas, nas que se falará de Recruitment 2.0 e técnicas de matchmaking, con Sonia González (Adecco TT, Alejandra Díaz Girón (EGASA XXI), Paloma Merino (Masol Iberia Biofuel) e Antón Loureiro (Mediamark); Colectivos con especiais dificultades para a empregabilidade, con Mari Carmen López (Almat), Rocío Botana (Arquitectos sen Fronteiras), Manel Naveiro (Concello de Ferrol), Natalia González (Cogami) e Pilar Bonigno (Cruz Vermella), e Competencias profesionais e prácticas laborais, con María Piñeiro (Einsa Print), Manuel Ignacio García (Qatro), Pablo Pardo (Transportes TT) e un representante do BBVA.
As persoas asistentes poderán participar en varios obradoiros, como o de Preguntas, obxectivo e... ¡acción!, con Javier Herranz Lorente, de ConCEdecambio; Impacto TIE e imaxe profesional dixital, que impartirá o orientador laboral Xosé Alberte Cea; A importancia da actitude positiva ante unha busca activa de emprego, que dará Sabela Naranjo, ou Redes profesionais: A nova procura de emprego, que correrá a cargo da profesora da UDC María Dolores Sánchez Fernández e o community manager David Saavedra. Nos obradoiros tamén se ofrecerán Ferramentas para emprender, cos profesores da UDC Eduardo Guillén Solórzano (Económicas) e Manuel Martínez Carballo (Deseño) e Rafael Vázquez Cobas, da Fundación Ronsel, e ‘Empregabilidade 2.0’, con Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat, de Suma Importancia.
Ademáis, o curso inclúe reunións ‘one to one’, nas que participan AJE Ferrolterra, a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. A clausura, o venres 26 ás 14.00 horas, correrá a cargo de Marta Fierro Mantecón, Eme DJ, remesturadora, activista, escritora e produtora galega de música de baile.
O prazo de matrícula estará aberto ata o 18 de setembro. As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón:http://cursoveranoteufuturo.wordpress.com/inscricion/.
Máis información no Servizo de Asesoramento e Promoción do Emprego do Campus de Ferrol (981 337 400 Ext. 3616).
- Detalles
Publicada na Web da ORI en http://www.udc.gal/ori/inf_estudiantes_UDC/bolsas_complementarias/programa_NILS/NILS.html, a cuarta convocatoria de bolsas NILS para o curso 2014/15. O prazo de solicitudes NILS nesta cuarta convocatoria remata o 5 de decembro de 2014.
- Detalles
O vindeiro curso académico 2014/2015 non se impartirán ningún dos Mestrados que ata o momento se viñan impartindo na Facultade de Humanidades e Documentación.
Aqueles alumnos que na actualidade estén pendentes de finalizar os mestrados de Ciencias Documentais na Contorna Dixital ou do mestrado de Patrimonio, segundo a normativa vixente que regula as convocatorias de exame dos mestrados en extinción, disporán dunha convocatoria con dúas oportunidades de exame para superar as materias pendentes.
Para calquera dúbida ou información adicional, dirixirse á Coordinación do Mestrado.
- Detalles
Infórmolle que se publicou na Web da ORI en http://www.udc.es/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade_internacional/index.html, a convocatoria aberta de mobilidade internacional (Erasmus+, Bilateral) para estudantes da UDC, para o curso 2014/15.
Tamén publicouse a terceira convocatoria de bolsas NILS na mesma páxina. O prazo de solicitudes NILS nesta terceira convocatoria remata o 31 de xullo de 2014.
- Detalles
El pasado 16 de Mayo, se celebró en Granada la XXII Conferencia de Decanatos de Letras celebrada en Granada el pasado 16 de mayo.
Para consultar el texto completo de la declaración surgida de la citada Conferencia, pulse aquí