- Detalles
Unha vez reunida a comisión delegada de Docencia e Calidade da Facultade de Humanidades e Documentación en reunión ordinaria con data de 4 de Decembro de 2014, acórdase a seguiente asignación dos Traballos de Fin de Grao
- Detalles
Unha vez reunida a comisión delegada de Docencia e Calidade da Facultade de Humanidades e Documentación en reunión ordinaria con data de 4 de Decembro de 2014, acórdase a seguiente composición dos tribunais encargados de avaliar os Traballos de Fin de Grao
- Detalles
Acaba de publicarse a segunda convocatoria do Programa IACOBUS, a cargo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial / Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), e froito dun convenio entre as universidades galegas e as universidades e institutos politécnicos do norte de Portugal, que financia estadías nestas universidades e institutos para PDI, PAS e persoal investigador das universidades asinantes que haberán de desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril de 2015.
Máis info en:
http://www.gnpaect.eu/gl/comunicacion-1/prensa-1/novas/iacobus-abre-nova-fase-de-candidaturas
O prazo para presentar as solicitudes remata o 5 de decembro de 2014, nas condicións que establece a convocatoria. Se o solicitante fai uso da posibilidade de presentala a través da UDC, haberá de achegar a súa solicitude e a documentación requerida nas bases antes do 4 de decembro á Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación.
- Detalles
Dende o CEIDA acaba de abrirse o prazo de inscrición para o Curso-Obradoiro METODOLOXÍA PARA A INTERPRETACION DO PATRIMONIO. Procedementos e técnicas de comunicación para achegar o patrimonio natural e cultural ao público que terá lugar do 10 ao 14 de decembro no Castelo de Santa Cruz
Este curso ten unha duración de 30h teórico-prácticas e será impartido por Jorge Morales, intérprete e consultor neste ámbito de recoñecido prestixio internacional
Dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina: Traballadores/as con función en interpretación-presentación do patrimonio ao público, vinculados a sitios históricos, monumentos, xacementos, espazos naturais protexidos e museos (persoal de educación e difusión, turismo cultural, ecoturismo), xestores/as culturais, guías de ecoturismo, responsables de programas de uso público, empresas de servizos turísticos, etc.
Máis información e inscricións:
http://www.ceida.org/formacion/curso-obradoiro-metoloxia-para-interpretacion-do-patrimonio.html
- Detalles
Os días 18 e 19 de novembro terá lugar na Facultade de Economía e Empresa a III edición do Foro Xuventude en Movemento que a UDC organiza xunto con Europe Direct e a Deputación de A Coruña. Nesta edición concentramos en dous días toda a actividade formativa (obradoiros e foros informativos). Ademáis invitamos a antiguos alumnos para que compartan a súa experiencia profesional especialmente no eido do empredendemento. Así estarán presentes un representante da empresa Colada Fácil, cadea de lavanderías, de Trileuco, empresa de servizos informáticos, e de Sinergias, empresa de intervención social especializada na igualdade de xénero,
Os dous conferencistas que se achegarán serán Xosé Antonio Touriñán,actor, monologuista e conductor de programas televisivos, Licenciado en Filoloxía Galega pola UDC; e, Anxo Pérez, nacido en Fisterre, formado en EEUU, Bélxica e China. Fala 9 idiomas, foi traductor do presidente Obama, fundador da empresa 8Belts.
Os obradoiros responden a través de diferentes metodoloxías aos pilares básicos de búsqueda de emprego, marca persoal, curriculum vitae, etc. Teñen por obxectivo reforzar o recén implantado programa de mellora da empregabilidade 2014/2015.
Alén disto, esta formación será susceptible para o alumnado de Grao do recoñecemento de 1.5. crédito, sempre que cumplan coa asistencia a 4 dos 6 bloques dos que se compoñe o programa.
As actividades son de balde e están abertas a todas as persoas interesadas ainda que on pertenzan á UDC.