20190328 CartelGaliciana

A Facultade de Humanidades e Documentación organiza o xoves 28 de marzo ás 12:30 no salón de grados unha conferencia na que se describirá a evolución da recollida e acceso do patrimonio bibliográfico galego no paso do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia en papel a Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia.

A conferencia será impartida por Noelia Bascuas Ferreiro e Ignacio Cabano Vázquez da Biblioteca de Galicia.

O acceso e libre até completar o aforo.

 

Do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia  en papel a Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia: evolución da recollidaacceso do patrimonio bibliográfico galego

20190315 AlmorzoXusto

No marco das accións do convenio RGCUD (Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento), a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC organiza unha actividade de sensibilización sobre comercio xusto e consumo responsable o venres 15 de marzo co alumnado do Grao de Xestión Industrial da Moda na Facultade de Humanidades do campus de Ferrol

No almorzo participarán ONGD como Solidariedade Internacional de Galicia, Intermón Oxfam e a iniciativa emprendedora CoClub, que achegarán a súa visión sobre comercio xusto e produción textil, responsabilidade social e cidadanía global, produción local e sostibilidade e a moda e os Dereitos Humanos.

De 10.30 a 12.00 h no hall da Facultade de Humanidades e Documentación.

Podes ver o cartel neste PDF

20190225 FebreiroAmbiental

No marco das actividades do curso Educando para a sustentabilidade - Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio (proxecto UDC + Fundación Alcoa), organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, o luns 25 de febreiro ás 16:00 terá lugar a seguinte conferencia no Salón de Graos da Facultade de Humanidades:

O papel da Educación Superior no Desenvolvemento Sustentábel. ODS 2030
Àngels Ull
ERI EStudios de Sostenibilidad, Universidad de Valencia
Pta. Asoc. Valenciana de Educación Ambiental y Desarrollo Sostenible (AVEADS)

A asistencia é gratuita.

20190217 FebreiroAmbiental

No marco das actividades do curso Educando para a sustentabilidade - Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio (proxecto UDC + Fundación Alcoa), organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, hoxe 18 de febreiro ás 16:00 terá lugar o seguinte obradoiro no Salón de Graos da Facultade de Humanidades:

Ecoauditoría da Auga no Fogar e nos Centros de Ensino
Manuel Soto
Dir. OMA, Catedrático Enx. Química UDC

A asistencia é gratuita, pero e imprescindible inscribirse neste formulario:

Formulario de inscrición