20190217 FebreiroAmbiental

No marco das actividades do curso Educando para a sustentabilidade - Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio (proxecto UDC + Fundación Alcoa), organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, hoxe 18 de febreiro ás 16:00 terá lugar o seguinte obradoiro no Salón de Graos da Facultade de Humanidades:

Ecoauditoría da Auga no Fogar e nos Centros de Ensino
Manuel Soto
Dir. OMA, Catedrático Enx. Química UDC

A asistencia é gratuita, pero e imprescindible inscribirse neste formulario:

Formulario de inscrición

La restauradora Uxia Aguiar ha sido solicitada estos días en un trabajo fuera de Galicia. Por esta razón aplazamos nuestra cita en el Máster de Estudios Avanzados en Museos, Archivos y Biblioecas, quedando para el 28 de marzo. Sentimos las molestias que os pueda ocasionar, y deseamos que hagáis un hueco en la agenda para vernos en la Facultad de Humanidades y Documentación en el Campus Industrial de Esteiro.

Para compensar la espera, ese mismo día, tendremos otra actividad muy interesante: un Documental finalista en la XII Muestra Internacional de cine Etnográfico entre quince finalistas de todo el mundo. Finalista también entre los tres mejores documentales gallegos del 2017 y candidato al premio del público.Os adelanto que viene de Os Vilares y os dejo el cartel de ambas actividades. Entrada abierta a todos los interesados. ¡Os esperamos! 

DOCUMENTAL

 

CONFERENCIA OS FRESCOS

20181217 turismo sostible digital

A Facultade de Humanidades e Documentación, co apoio do Campus Industrial da Universidade da Coruña, organiza o mércores 19 de decembro, a partir das 16:15 na Aula Magna da Facultade, unha xornada acerca de turismo e desenvolvemento sostible coa presenza de persoal capacitado e con ampla experiencia de Goodlife Consultores.

A entrada é libre e gratuita.

O programa da xornada é o seguinte:

16:15 - Apertura da xornada
16:30 - Bases para o deseño e creación de produtos de turismo sostible (María Mesías Rodríguez)
17:00 - Modelo de implementación de accións de sostibilidade en creación de produto turístico: o proxecto "Costa das Ondas" (Jacobo Suárez Vilela)
17:30 - Os xeoparques como axentes de desenvolvemento turístico sostible (Silvia Perez Fraga)
18:00 - Certificacións e ferramentas de mercadotecnica para a promo-comercialización do turismo sostible (Rita Rodríguez Silva)
18:30 - Rolda de preguntas
19:00 - Finalización da xornada

Podes descargar tamén o programa en PDF

20181217 FolletoTFGTFMA Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, dentro das actuacións conxuntas da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), quere fomentar a orientación de parte dos TFG e TFM á investigación en temas de Cooperación e Educación para o Desenvolvemento.

O Luns, 17 de decembro ás 16:30 no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación terá lugar unha sesión aberta orientada ao estudantado de último curso de grao e de máster. A entrada é libre.