20220131 FacendoHistoria

Para conmemorar os quince anos (2005-2020) das investigacións arqueolóxicas da Facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol (UDC) Siria e Palestina, organizouse esta exposición que ten como obxectivo explicarlle á sociedade as achegas dunha iniciativa científica pioneira en Galicia. A través dunha linguaxe universal, como a fotografía, a mostra estrutúrase en oito módulos temáticos que pretenden introducir os visitantes en aspectos clave do proxecto.

No mes de febreiro organízanse as seguintes actividades:

Mércores, 2 de febreiro de 2022:

CONFERENCIA: “Quince anos de arqueoloxía da UDC en Oriente Próximo. Para que serve no século XXI reconstruir a nosa historia máis antiga?” de Juan Luis Montero

Mércores, 9 de febreiro de 2022:

PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS: “Tres miradas a Oriente Próximo” dos fotógrafos Eloy Taboada, Víctor Rivera e José Prado

As actividades terán lugar no salón de actos do Ateneo Ferrolán as 19h