A Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol convida a toda a comunidade universitaria e ao público xeral á conferencia titulada “Migración, unha oportunidade para España”, impartida por Pilar Cancela, Secretaria de Estado de Migracións.
O evento celebrarase o venres 13 de setembro de 2024, ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación.
Nesta conferencia trataranse temas clave sobre a migración e o seu papel como oportunidade para o futuro de España, ofrecendo unha visión actualizada dende a perspectiva gobernamental.
Entrada libre ata completar aforo.