A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, martes 5 de marzo, ás 17:00 horas, o coloquio “Palestina, presente e futuro” no que participan o embaixador xefe da misión diplomática de Palestina en España, Husni Abdel Wahed, como entrevistado; e o profesor de Historia Antiga da Universidade da Coruña, Juan Luis Montero Fenollós; como entrevistador.
O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, abrirá e pechará o acto de presentación do coloquio no que participará tamén a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela del Pilar Santos.
O Campus Industrial da Universidade da Coruña promove, en colaboración coa Facultade de Humanidades e Documentación, un coloquio dirixido ao alumnado do Grao en Relacións Internacionais e aberto a toda a comunidade universitaria, así como ao público xeral interesado. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo.
Máis información:
https://www.udc.es/gl/novas/O-embaixador-de-Palestina-Husni-Abdel-Wahed-analiza-mana-o-presente-e-o-futuro-do-pais-de-Oriente-Medio-no-Campus-Industrial-de-Ferrol/