O Concello de Ferrol e a Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña acaban de asinar un convenio de colaboración para facilitar a formación práctica dos titulados na área de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña. No marco do convenio, o Concello de Ferrol convoca 8 bolsas de formación no arquivo e bibliotecas municipais do concello. A duración das bolsas será de 12 meses, e o Concello de Ferrol aboará a cada bolseiro a cantidade de 850 € brutos ao mes co obxecto de cubrir as necesidades básicas de desprazamentos, manutención e aloxamento. As condicións das persoas solicitantes son as seguintes:
- Estar en posesión do título de Diplomatura en Biblioteconomía, Licenciado en Documentación, ou Grao en Información e Documentación expedido pola Universidade da Coruña.
- Non estar a gozar doutra bolsa ou axuda. Non manter relación laboral algunha con entidade pública ou privada durante o período de disfrute da bolsa, así como non percibir ingresos por actividade retribuída ou a prestación por desemprego, tendo que renunciar a eles en caso de obter a bolsa.
- Non gozar desta bolsa anteriormente.
Os/as aspirantes ás bolsas deberán presentar a súa Instancia de solicitude de participación, no Rexistro de Entrada do Concello, ou tramitala por calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, no prazo de dez días a contar dende o seguinte ao de publicación do anuncio na prensa.
Máis información
Noticia en el Diario de Ferrol