Convocatoria a cobertura en propiedade, polo sistema de oposición libre, dunha praza de Auxiliar de Biblioteca e Arquivo, encadrada na escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase Auxiliar, pertencente ao grupo de clasificación C, subgrupo C1, vacante no Cadro de persoal do Concello de Ferrol e correspondente á OPE do ano 2018.
As instancias de participación, dirixidas ao señor Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de 20 días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Mais información no Boletín Oficial da Provincia do 22 de novembro