A Universidade da Coruña é beneficiaria dunha subvención para a promoción do emprego da mocidade e implantación da garantía xuvenil en I+D+i, na que se promoverá a contratación de titulados enmarcados na liña de actuación "Xestión documental das actividades de transferencia e investigación na UDC (Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia)”. O perfil da persoa buscada é o seguinte:
Titulado universitario no ámbito da Información e Documentación. Valorarase especialmente a formación e a experiencia en procedementos informáticos de xestión de bases de datos, así como o dominio da lingua inglesa.
As persoas interesadas en participar nesta posible contratación deberán presentar a ficha que se achega xunto co Curriculum vitae, dirixido á Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia, indicando na opción solicita “PEJ 2018”:
a) No rexistro electrónico da UDC: https://sede.udc.gal/services/telematic_register
b) Ou presencialmente no Rexistro Xeral da Universidade (Rúa Maestranza, 9), no Rexistro Auxiliar de Elviña (Local nº 1, baixo, da Facultade de Ciencias no Campus da Zapateira) ou no Rexistro Auxiliar de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, sn)
O prazo para remitir a documentación estará aberto ata as 14 horas do próximo 7 de outubro.
Mais información:
Sede electrónica da UDC
Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia (Sección Subprograma Estatal de Incorporación)