CONSELLARÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
10 BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES
- Proxecto Dicionario galego-italiano (Galita): Filoloxía Italiana ou Grao en Linguas e Literaturas Modernas do itinerario en Italiano; Grao de Filoloxía, acreditando o nivel C1 en lingua italiana ou o grao en Linguas e Literaturas Modernas do itinerario en Italiano. Tamén poderán optar a esta bolsa outras titulacións ou graos de Filoloxía, acreditando un nivel C1 en lingua italiana ou ter cursado un mínimo de 60 créditos en Lingua e Gramática Italianas na universidade.
- Proxecto Bibliografía da literatura galega: Licenciatura en Filoloxías Galega ou Galego-Portuguesa ou Grao en Lingua e Literatura Galegas; en estudos de galego portugués; estudos lingüísticos e literarios; Grao en Mestre de Educación Primaria ou equivalente; acreditar ter cursado Literatura Galega e/ou Infantil e Xuvenil; acreditar ter realizado prácticas externas ou colaboracións relacionadas co proxecto.
- Proxecto Fraseoloxía galega: Licenciatura en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literatura Galegas; Grao en Lingua e Literatura Españolas; Grao en Linguas Modernas; Licenciatura ou Grao en Tradución e Interpretación ou titulacións equivalentes; coñecemento acreditado dunha lingua estranxeira (inglés, francés, alemán, portugués, etc.) cun nivel mínimo B1. A acreditación desa lingua poderá facerse mediante calquera certificación en centros públicos ou privados, ou ben coa propia titulación de grao da universidade correspondente.
- Proxecto Corpues de referencia do galego actual (Corga): Licenciatura en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica, Portuguesa ou Tradución e Interpretación, ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Modernas; en Galego e Portugués; Estudos Lingüísticos e Literarios en español ou titulación equivalente.
- Proxecto Cantigas de Santa María: Licenciado ou Grao en calquera titulación da Área de Humanidades, con formación específica en estudos medievais; acreditar ter cursado algunha materia específica ou curso formativo de literatura medieval; ter aprobado algunha materia ou curso formativo de crítica textual; acreditar a asistencia ou participación activa (comunicación) en congresos, seminarios, coloquios do ámbito da literatura medieval, preferentemente da literatura galega medieval.
- Proxecto Prosa literaria medieval: Licenciatura ou Grao en calquera titulación da Área de Humanidades, sempre e cando acredite formación específica en estudos medievais; participación (asistencia e/ou comunicación) en simposios, seminarios ou congresos especializados, publicacións científicas, etc.; relacionados coa análise textual na literatura románica medieval.
- Proxecto Terminoloxía científico-técnica: Licenciatura o Grao en Filoloxía ou Tradución e Interpretación e equivalentes; posuír coñecemento de inglés ou de francés equivalente ao nivel B1.Ter formación, polo menos elemental, en terminoloxía ou en lexicografía (demostrable mediante a superación dalgunha materia, publicacións científicas, asistencia a simposios, seminarios ou congresos especializados, comunicacións presentadas a congresos, etc.).
- Proxecto Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala: Licenciatura ou Grao en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, Enxeñaría de Telecomunicacións, en Física, en Informática, en Matemáticas, ou equivalentes; coñecemento de inglés equivalente ao nivel B1.
Proxecto Base de datos do ALIR: Licenciatura ou Grao en Filoloxía galega, Filoloxía Románica, Filoloxía Francesa ou Filoloxía Italiana ou equivalentes; ter coñecementos de lingua francesa polo menos equivalente ao nivel B1.
- Proxecto Dicionarios de literatura: Licenciatura ou Grao en Teoría da Literatura, en calquera filoloxía, en xornalismo ou equivalentes; posuír coñecemento de lingua inglesa ou francesa equivalente ao nivel B1; acreditar a participación en publicacións científicas; asistencia a simposios, seminarios ou congresos especializados, comunicacións presentadas a congresos, etc., obrigatoriamente no ámbito da teoría literaria ou literatura comparada; acreditar a elaboraciónd algún traballo académico universitario ou xornalístico en galego.
https://www.xunta.gal/…/20…/AnuncioG0164-250518-0003_gl.html
https://www.xunta.gal/…/20…/AnuncioG0164-250518-0004_gl.html