Isidor von Sevilla

Fuente: Wikimedia commons

O venres 26 do mes de abril celébrase a festividade de San Isidoro de Sevilla, patrón do centro, polo que a Facultade de Humanidades e Documentación permanecerá pechada todo o día.

Aproveitando o tempo libre, podedes botarlle unha ollada á súa principal obra, Etymologiae na BIblioteca Digital Hispánica, na que sistematiza e condensa todo o coñecemento do seu tempo. Incluso fai una enumeración e descrición de prendas de vestir, adornos e zapatos, tal e como se describe neste artígo de investigación.

De conformidade co convenio asinado entre o Banco Santander España e a Universidade da Coruña e coas bases xerais do programa “BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES”, publícase a convocatoria de 19 bolsas para o curso 2019-20 para realizar unha estadía semestral en universidades iberoamericanas participantes no programa. As bolsas teñen por obxecto fomentar a mobilidade internacional de estudantes españois de grao como contribución á configuración do Espazo Iberoamericano de Coñecemento (EIC) socialmente responsable.

Mais información

Ademáis, de conformidade co convenio asinado entre o Banco de Santander e a Universidade da Coruña e coas bases xerais do programa “BOLSAS IBEROAMÉRICA. SANTANDER INVESTIGACIÓN”, publícase a convocatoria de 2 bolsas para o curso 2019-20 para reforzar a mobilidade e o intercambio de profesores e investigadores mozos e alumnado de doutoramento entre universidades e centros de investigación iberoamericanos, condición necesaria para avanzar cara á construción dun espazo iberoamericano do coñecemento socialmente responsable.

Mais información

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril nos dous casos.

O 12 de marzo de 2019 reuniuse a Comisión de Selección para resolver a convocatoria de tres bolsas de colaboración na Exposición Nacional da Construción Naval de Ferrol. Logo de avaliar as solicitudes presentadas, acórdase publicar a listaxe definitiva de adxudicatarios das ditas bolsas.


PERSOA ADXUDICATARIA (PUNTUACIÓN TOTAL)

  • PARDAVILA COUCE, ALEJANDRA (6.14)
  • MONTERO LÓPEZ, JUAN MANUEL (5.94)
  • LÓPEZ SÁNCHEZ, SAMUEL (5,75

Contra esta resolución, a persoa interesada poderá interpoñer un recurso de reposición perante o reitor, no prazo dun mes, que se contará a partir do dia seguinte ao da publicación desta resolución napáxina web da Facultade da UDC e na sede electrónica.

Ferrol, 20 de marzo de 2019

O reitor

Julio Abalde Alonso

Anexos

Resolución asinada en formato PDF

O próximo luns 25 de marzo o reitor da UDC, Julio E. Abalde Alonso, visitará o noso centro.
Será unha charla aberta a toda a comunidade do centro (PDI, PAS e estudantado).
 
Terá lugar ás 12:30 na Aula Magna.

Unha vez que se reuniu a Comisión de selección na Facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol, o día 12 de marzo de 2019, para a valoración das solicitudes de tres bolsas de colaboración na Exposición Nacional da Construción Naval de Ferrol, co obxecto de avaliar as solicitudes presentadas, segundo a convocatoria que se publicou o 1 de marzo de 2019, decidiu facer pública a seguinte proposta PROVISIONAL.

 

Nome do alumno Expdte. Formac/Experienc Co帽ecementos inform谩ticos Galego TOTAL
(72%) (20%) (5%) (3%)
Pardavila Couce, Alejandra 5,84 0,3 6,14
Montero L贸pez, Juan Manuel 5,647 0,3 5,94
L贸pez S谩nchez, Samuel 5,454 0,3 5,75
Gr盲f D铆az, Irene 5,21 0,3 5,51

 

Todos aqueles apartados e méritos nos que non se presentaron documentos acreditativos non fóron valorados. Establécese non obstante, un prazo ata as 14:00 horas do día 18 de marzo de 2019 para poder entregar se se desexa os ditos documentos.

As reclamacións presentaranse mediante unha instancia na secretaría do decanato deste centro e dirixida ao presidente da Comisión de selección.

Resolución asinada en formato PDF