- Detalles
- Escrito por Decanato

O pasado 30 de abril a ACSUG emitiu informe favorable para a implantación do Mestrado interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, titulación na que participan as tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo). Este novo título vén reforzar a oferta na rama de Artes e Humanidades (en particular no ámbito do patrimonio cultural) na Facultade de Humanidades e Documentación cun segundo mestrado, que complementa o xa existente sobre Museos, Arquivos e Bibliotecas. A oferta da UDC para o curso 2020-2021 é de 10 prazas.
Máis información:
- Detalles
- Escrito por Decanato
A comisión académica da Facultade aprobou na súa sesión do día 8 de maio a listaxe provisional de persoas adxudicatarias das prazas de programas internacionais de mobilidade.
Por mor dun erro no documento, o PDF da listaxe foi correxido o día 11 de maio.
Anexo
- Detalles
- Escrito por Decanato
- Detalles
- Escrito por Decanato
Nuevo examen online del Centro de Linguas para que los alumn@s ERASMUS tengan más oportunidades de conseguir la acreditación lingüística según destino. Estos exámenes excepcionales de cada lengua que requiera acreditación serán el próximo 2 de mayo (segundo plazo) y 4 de julio (tercer plazo). El horario de realización se publicará en las webs de la ORI y del Centro de Lenguas. En el e-mail outgoing.rrii@udc.es, se puede consultar cualquier duda sobre la convocatoria.
- Detalles
- Escrito por Decanato
Dende a páxina de Voluntariado Galego, da Xunta de Galicia, ofrécense unha serie de cursos gratuitos sobre diferentes temas (oratoria, xestión do tempo para estudo...) para persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. O prazo de inscripción comezou o 9 de abril e as prazas son limitadas. Neste enlace podedes consultar máis información, por se fose do voso interese.
Dende a CRUE Universidades Españolas están a ofrecer, a través da UNED, apoio psicolóxico para alumnado e profesorado universitario que poida necesitar axuda nestes días complicados que estamos a pasar. Esta é o enlace ao servizo gratuito, no que poderedes ver o teléfono de contacto así como o horario de atención.
Sabemos que nestes momentos nos que a docencia presencial está a ser substituida pola docencia virtual hai persoas que están a experimentar problemas de conectitividade que impiden ou dificultan o seguemento das clases ou a descarga de materiais, además de xerar frustración. Se este é o voso caso, ou se coñecedes algún caso, agradeceríavos que mo fixésedes saber canto antes, para así elaborar unha listaxe e comunicar esta situación á dirección do centro, para que informe ao profesorado correspondente e estableza medidas alternativas. Non queremos que ninguén se quede á marxe e eu, na parte que me toca como coordinadora do PAT, farei o posible para que isto non ocorra, ou para buscar unha solución.