A Xunta de Galicia convoca, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que rematou os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2018/19. As persoas beneficiarias son estudantes que remataron brillantemente os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2018/19 nas universidades do Sistema universitario de Galicia. Cada premio terá unha dotación máxima de 3.500 € e un diploma acreditativo. O fin do prazo de presentación de solicitudes por parte do alumnado é o 28/09/2020.

Convocatoria: Orde do 12 de agosto de 2020 (DOG 172, 26 de agosto de 2020)