O Proxecto de Plan de Acción Titorial de curso 2020/2021 da Facultade de Humanidades e Documentación inclúe a creación da figura de alumnado-mentor co obxectivo de establecer un sistema de titoría entre iguais apoiando ao alumnado de nova incorporación.

A elección do alumnado mentor farase entre o alumnado que está a realizar 3º curso do Grao en Xestión Industrial da Moda. No caso de concorrer un número demasiado elevado de persoas, empregarase como criterio de selección a nota media do expediente académico.

A participación no programa de alumnado-mentor será recoñecida con 1,5 créditos ECTS por cuatrimestre, tal e como recolle a Resolución reitoral da UDC pola que se establecen as actividades polas que se recoñecen créditos nos estudos de grao, pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudiantil, solidarias e de cooperación (RR 03/12/2019).

As persoas que desexen participar, deberán enviar un correo electrónico informando do seu interese a decanato.humanidades@udc.es antes do venres 23 de outubro ás 14:00.