A partir do 25 de setembro de 2020 está aberto o procedemento para solicitar o cambio de grupo por razóns debidamente xustificadas no curso 2020/21 para todas as titulacións da Facultade. O prazo está aberto ata as 14:00 horas do venres 2 de outubro. 

A solicitude debe realizarse mediante solicitude á Decana utilizando o formulario adxunto mediante o rexistro electrónico da UDC ou mediante correo electrónico.

Formularios

Solicitude en formato Word

Solicitude en formato PDF