De acordo co establecido na Resolución reitoral da UDC pola que se convocan os premios extraordinarios de grao e de máster correspondentes ao curso académico 2018/2019, publicamos a relación priorizada provisoria de expedientes académicos.

 A convocatoria, na que se inclúe o procedemento e o calendario foi publicada na sede da UDC:

Os anexos están publicados, separados da convocatoria, na web da VIcerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente [Web da VOAID]

Contra as relacións provisorias, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación no prazo de 5 días hábiles que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación destas listaxes.