A partir do 18 de setembro de 2019 está aberto o procedemento para solicitar o cambio de grupo por razóns debidamente xustificadas no calendario do curso 2019/20 para todas as titulacións da Facultade. O prazo está aberto ata as 14:00 horas do venres 27 de setembro. Unha vez compiladas todas as solicitudes, a Comisión Académica do centro decidirá sobre cada unha delas. Esta comisión non valorará ningunha solicitude que non achegue documentación que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases do grupo asignado actualmente.
A solicitude debe realizarse mediante o formulario adxunto e debe entregarse á Secretaria do Decanato (Juana Cacharrón).