De conformidade co convenio asinado entre o Banco Santander España e a Universidade da Coruña e coas bases xerais do programa “BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES”, publícase a convocatoria de 19 bolsas para o curso 2019-20 para realizar unha estadía semestral en universidades iberoamericanas participantes no programa. As bolsas teñen por obxecto fomentar a mobilidade internacional de estudantes españois de grao como contribución á configuración do Espazo Iberoamericano de Coñecemento (EIC) socialmente responsable.
Ademáis, de conformidade co convenio asinado entre o Banco de Santander e a Universidade da Coruña e coas bases xerais do programa “BOLSAS IBEROAMÉRICA. SANTANDER INVESTIGACIÓN”, publícase a convocatoria de 2 bolsas para o curso 2019-20 para reforzar a mobilidade e o intercambio de profesores e investigadores mozos e alumnado de doutoramento entre universidades e centros de investigación iberoamericanos, condición necesaria para avanzar cara á construción dun espazo iberoamericano do coñecemento socialmente responsable.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril nos dous casos.