O 27 de setembro de 2018 de 12:00 h a 14:30 h e de 15:30 h a 18:00 h no Campus de Esteiro terá lugar unha xornada de benvida ao alumnado á UDC.

Será unha Xornada na que se celebrarán diferentes exhibicións deportivas e actividades culturais, e contaremos con postos informativos dos diferentes Servizos e Unidades da UDC. As Asociacións Estudantís desenvolverán unha variada oferta de actividades participativas. Ao final da Xornada, faremos un SORTEO DE AGASALLOS (tablets, USB’s, suadoiros UDC...)

Inscricións ata o 26 de setembro de 2018.

Máis información e inscrición na web do servizo de asesoramento e promoción do estudante.