- Detalles
- Escrito por Decanato
De esquerda a dereita, Julieta Vélez Lacour, Antía Rodríguez Porto e Sara Veiguela Meignen
As alumnas do segundo curso do grao en Xestión Industrial da Moda, Julieta Vélez Lacour, Antía Rodríguez Porto e Sara Veiguela Meignen, acadaron o primeiro premio do Concurso de Vídeos “Móvete polos ODS” que promove a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) co obxectivo de mobilizar e comprometer ás persoas participantes e ao resto na sociedade fronte aos grandes retos mundiais como poden ser o cambio climático, as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade ou mesmo a escaseza de auga. O vídeo elaborado por estas tres estudantes da Facultade de Humanidades e Documentación, “Fashion Victims”, conseguiu sumar o maior número de likes na canle de You Tube do concurso onde se publicaron os 19 vídeos participantes.
De esquerda a dereita, Eva Castro Vilaboy, Noa Alonso Pérez e Carla García Touriño
A maiores, outras tres alumnas do segundo curso do grao en Xestión Industrial da Moda, Eva Castro Vilaboy, Noa Alonso Pérez e Carla García Touriño, acadaron o terceiro premio neste mesmo certame co vídeo “Qué quieres ser?”. As gañadoras do primeiro premio recibirán 550 euros e as do terceiro 200 euros.
De esquerda a dereita, Lucía Sánchez Domínguez, Sabela Seco Pérez e Camila Ros Torres
Pola súa banda, o xurado do Concurso de Vídeos “Móvete polos ODS” outorgoulle o Premio á Innovación, dotado con 400 euros, ao vídeo “Moda por el clima” elaborado por outras tres alumnas do segundo curso do grao en Xestión Industrial da Moda, Lucía Sánchez Domínguez, Sabela Seco Pérez e Camila Ros Torres. Nesta ocasión, o xurado valorou moi positivamente o axuste á temática do concurso, a súa orixinalidade e creatividade así como a súa calidade técnica.
- Detalles
- Escrito por Decanato
Hoxe publicouse na materia de Prácticas Externas do Grao en Xestión Industrial da Moda no Campus Virtual a oferta de prazas de prácticas da primeira quenda do curso 2021/2022. O prazo para solicitar indicar as prazas que se desexan por orde de preferencia remata o 2 de decembro ás 23:55. O formulario está dispoñibel no Campus Virtual.
- Detalles
- Escrito por Decanato
Despoís da súa aprobación pola Comisión Académica e de Calidade (o día 17 de novembro), a Xunta de Facultade aprobou na súa sesión do 19 de novembro o Regulamento de prácticas externas curriculares e extracurriculares da Facultade de Humanidades e Documentación. Tamén, a Xunta de Facultade aprobou na súa sesión do 24 de novembro o Regulamento de traballos de fin de grao e mestrado da Facultade de Humanidades e Documentación.
- Detalles
- Escrito por Decanato
No enlace que se adxunta está dispoñible a listaxe definitva de persoas adxudicatarias do cuarto prazo das prazas de programas internacionais de mobilidade.
Anexo
Mobilidade internacional. Cuarta convocatoria. Listaxe definitiva de selección de Centro
- Detalles
- Escrito por Decanato
No enlace que se adxunta está dispoñible a listaxe provisional de persoas adxudicatarias do cuarto prazo das prazas de programas internacionais de mobilidade.
Anexo
Mobilidade internacional. Cuarta convocatoria. Listaxe provisional de selección de Centro