- Detalles
- Escrito por Decanato
No enlace que se adxunta está dispoñible a listaxe definitiva de persoas adxudicatarias das prazas de programas internacionais de mobilidade.
Anexo
Mobilidade internacional. Primera convocatoria. Listaxe definitiva de selección de Centro
- Detalles
- Escrito por Decanato
- Detalles
- Escrito por Decanato
A Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade fai pública a convocatoria de 3 bolsas de colaboración na Exposición Nacional da Construción Naval de Ferrol para estudantes da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña.
O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 3 bolsas que permitan a formación teórica e práctica mediante a realización de actividades de apoio relacionadas coa dita exposición. As tarefas que hai que realizar son as seguintes: establecer un sistema de rexistro, catalogación, ordenación e almacenamento do fondo e tarefas de catalogación e organización da exposición, así como calquera outro de investigación, análise, recompilación ou desenvolvemento de materias incluídas na temática da exposición.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9 - 15001 – A Coruña), no Rexistro Auxiliar da Coruña ou no Rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Edificio de Apoio ao Estudo 15403- Ferrol), ou ben telemáticamente a través da Sede Electrónica da Universidade da Coruña.
O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 11 de marzo ás 14:00.
Máis información:
- texto completo da convocatoria [gallego]
- texto completo de la convocatoria [castellano]
- convocatoria en el tablón de anuncios electrónico de la UDC
Documentos:
- Detalles
- Escrito por Decanato
No enlace que se adxunta está dispoñible a listaxe provisional de persoas adxudicatarias das prazas de programas internacionais de mobilidade.
Anexo
Mobilidade internacional. Primera convocatoria. Listaxe provisional de selección de Centro
- Detalles
- Escrito por Decanato
Dado que os días festivos autonómicos non estaban decididos cando se aprobou o calendario de exames, a data de depósito das memorias de TFG na oportunidade de xuño estaba fixada para o día 24 de xuño que finalmente foi seleccionado como festivo autonómico. Ainda que o depósito da memoria e a solicitude de defensa faise de xeito totalmente telemática e se podería realizar sen problemas, cambiamos a data de depósito ao día 23 de xuño para facer o depósito nun día no que haxa persoal na UDC que poida resolver calquera incidencia que se presente.
O calendario académico na web da Facultade xa reflicte o cambio,