O Servizo de Emprego da UDC, en colaboración coa Facultade de Humanidades e Documentación e o PAT do centro, está a organizar un programa de mellora de empregabilidade. Este programa consta dos seguintes módulos:
- MÓDULO I: "FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA". Temática: autoemprego e emprendemento, coñecementos para a realización dun plan de negocio modelo Canvas (3 horas).
- MÓDULO II: "SEMINARIO ORIENTACIÓN LABORAL”. Temática: probas de selección das empresas e recursos para a busca de emprego e prácticas, elaboración do CV, a entrevista de traballo, dinámica de grupos (3 horas).
- MÓDULO III: "EXPERIENCIAS E CASOS PRÁCTICOS DE INSERCIÓN LABORAL" .Temática: persoal dos departamentos de RRHH de empresas informarán sobre os procesos selectivos que utilizan, competencias que avalían, etc., e, por outra banda, persoas emprendedoras contarán a súa experiencia na creación da súa empresa (4 horas)
O alumnado asistente á totalidade dos seminarios deste programa poderá solicitar 1 crédito ECTS.
O Módulo I - Fomento da Cultura Emprendedora no Campus de Ferrol para a nosa Facultade está programado na seguinte data e lugar:
Lugar: Edificio de Apoio ao Estudo. Aula 2.1 (2ªplanta)
Día: 23 de abril
Hora: 09:30-12:30 h.
Podes formalizar a túa inscrición de balde no seguinte formulario de inscrición.
O Módulo II - Seminario de Orientación Laboral está programado na seguinte data e lugar:
Lugar: Teams
Día: 16 de abril
Hora: 10:30-12:00 h.
Podes formalizar a túa inscrición de balde no seguinte formulario de inscrición antes do xoves 15 de abril ás 14:00 horas.
Non perdas a oportunidade!
Nos vindeiros días avisarémosvos da data e hora do Módulo II.