A Facultade de Humanidades e Documentación, co apoio do Campus Industrial da Universidade da Coruña, organiza o mércores 19 de decembro, a partir das 16:15 na Aula Magna da Facultade, unha xornada acerca de turismo e desenvolvemento sostible coa presenza de persoal capacitado e con ampla experiencia de Goodlife Consultores.
A entrada é libre e gratuita.
O programa da xornada é o seguinte:
16:15 - Apertura da xornada
16:30 - Bases para o deseño e creación de produtos de turismo sostible (María Mesías Rodríguez)
17:00 - Modelo de implementación de accións de sostibilidade en creación de produto turístico: o proxecto "Costa das Ondas" (Jacobo Suárez Vilela)
17:30 - Os xeoparques como axentes de desenvolvemento turístico sostible (Silvia Perez Fraga)
18:00 - Certificacións e ferramentas de mercadotecnica para a promo-comercialización do turismo sostible (Rita Rodríguez Silva)
18:30 - Rolda de preguntas
19:00 - Finalización da xornada
Podes descargar tamén o programa en PDF