O BOE de28 de Marzo publica a Resolución do 20 de marzo de 2012, do Instituto de Estudos Fiscais, pola que se convocan bolsas de formación para titulados universitarios. http://www.boe.es/boe/dias/2012/03/28/pdfs/BOE-A-2012-4279.pdf

A. Na Dirección de Estudos, cinco bolsas para persoas licenciadas en Dereito, Ciencias Económicas, Administración e Dirección de Empresas e Socioloxía.

B. Na Unidade de Apoio á Dirección Xeral do IEF, catro bolsas coa siguiente distribución:
– Dúas para persoas licenciadas en Dereito.
– Dúas para licenciadas/os universitarios ou titulación equivalente en materias relacionadas con Economía, Estatística e Informática.
C. Na Secretaría Xeral unha bolsa para licenciadas/os e/ou diplomados/as en Biblioteconomía e Documentación.

Prazo de presentación: 20 de Abril de 2012

A Universidade da Coruña fai pública a convocatoria de 2 bolsas de colaboración na Exposición Nacional da Construción Naval de Ferrol para estudantes da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña.

Ver Convocatoria

Prazo de presentación:14 horas do día 9 de marzo de 2012

 

Listaxe provisional

Reclamacións ata as 14:00 horas do día 19 de marzo de 2012


Listaxe definitiva

22 de Marzo de 2012


Resolución

22 de Marzo de 2012

 

Coa finalidade de facilitar o acceso aos mestrados universitarios de estudantes alleos ao espazo europeo de educación superior (solicitude de bolsas, visados etc.), para a vindeira edición, curso 2012/2013, establécese un período extraordinario de preinscrición e unha oferta do 20% de prazas para cada mestrado (as prazas desta cota que non se cubriren acumularanse na preinscrición xeral) nas seguintes datas:

  • Prazo de preinscrición para o estudantado alleo ao EEES: do 9 xaneiro de 2012 ao 13 de abril de 2012
  • Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas: 20 de abril de 2012
  • Reclamacións: 23 e 24 de abril de 2012
  • Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas: 27 de abril de 2012