No marco da visita dalgúns coordinadores Erasmus de universidades europeas, desenvolveuse unha visita específica á nosa Facultade na que a coordinadora Erasmus do centro, a profesora Manuela Pilar Santos Pita, e o Decano do centro, José L. Tasset, exerceron de anfitrións. Nesta visita tamén contaron as súas experiencias como estudantes de intercambio algunhas alumnas Erasmus. A Facultade animou aos coordinadores Erasmus estranxeiros a que nos envíen aos seus estudantes, que serán, seguro, moi ben acollidos na nosa Facultade de Humanidades e Documentación.
Visita 谩 nosa Facultade de Coordinadores Erasmus de toda Europa
- Detalles