Plan de prevención e hixiene fronte a covid-19
O plan está en revisión permanente en función da evolución dos feitos e da nova información de que se dispoña respecto da enfermidade e das instrucións que se reciban das autoridades competentes. Porén, a súa URL non mudará polo que pode ser almacenada nos marcadores do navegador:
https://humanidades.udc.es/images/stories/documentos/HYD-covid-19.pdf
A normativa da UDC de aplicación é a seguinte:
A continuación, presentamos un resumo de medidas fronte á covid-19 na Facultade de Humanidades e Documentación.
Docencia na aula
Explícase con detalle no plan de docencia para el curso 2021/2022. Ademáis, é relevante a composición dos grupos de docencia e a distribución de grupos en aulas.
Horarios
Os horarios do alumnado planificáronse para que a entrada no centro se realice de xeito escalonado. A duración das clases de docencia será de 90 ou 120 minutos. Os docentes deben entrar e saír da aula 5 minutos antes do inicio e do fin para permitir a ventilación das aulas
Exames
Os exames finais serán presenciais nas aulas habilitadas para iso. As probas de avaliación continua poderán ser na aula en todos os casos se o profesor ou profesora encargado así o decide. A Aula Magna non estará dispoñible para ningunha actividade fora de horario lectivo ao ser a aula de docencia tanto expositiva como interactiva dos grupos máis numerosos do centro.
Aforo dos espazos
Todos os espazos da Facultade contan con carteis indicando as capacidades máximas mantendo a distancia interpersoal de seguridade. Nas aulas con bancos fixos están sinalizados os pupitres que non se poden usar. Nas demais aulas están os postos xustos para non superar o aforo.
Entrada e saída ao centro
As portas de entrada e saída atópanse rotuladas e ben diferenciadas para facilitar o fluxo de estudantes e traballadores ao centro. Entrarase pola porta principal e sairase polas portas traseiras de emerxencia.
Corredores
Co fin de garantir a distancia de seguridade nos desprazamentos polo centro colocouse sinalización horizontal no chan indicando as direccións de circulación. Do mesmo xeito atópanse sinalizadas as escaleiras. Débese circular sempre pola dereita. Dado que o ancho dos corredores non permite manter a distancia interpersoal de seguridade, o uso de máscara é obligatorio nos desprazamentos polo centro.
Ascensores
O uso dos ascensores é individual. So se utilizaran en caso de necesidade e teñen prioridade persoas embarazadas ou con limitacións de mobilidade.
Aseos
Os aseos contan con carteis informativos limitando a súa capacidade e sobre como lavar as mans de forma correcta. Instaláronse dispensadores de xel hidroalcólico e de papel para secado de mans. Os secadores de mans atópanse fora de servizo.
Xel hidroalcólico
Instaláronse dispensadores de xel hidroalcólico en puntos estratéxicos da Facultade como nas entradas das aulas, corredores e aseos. O persoal dos distintos servizos conta con dispensadores de uso restrinxido.
Aulas
A Aula Magna ten a entrada pola porta que está más preto do posto do profesor, e ten a saída polo fondo da aula.
Nas aulas con bancos fixos están sinalizados cun distintivo vermello os asentos que deben quedar baleiros para manter a distancia de seguridade interpersoal. Nas demais aulas están os postos xustos para non superar o aforo.
As fiestras e portas das aulas estarán abertas por defecto. No caso de pechalas durante a clase, o profesor ou profesora deberá asegurarse que, ao finalizaren, queden abertas para permitir a ventilación.
Cada aula disporá, no posto do profesor, de panos desinfectantes para utilizar antes e despois do uso dos equipos de uso común (por exemplo: teclado, rato, mando do proxector).
Máscara
É obrigatorio o uso da máscara para todas as persoas que accedan ao centro e en todos os espazos do centro, durante a permanencia no mesmo, seguindo as recomendacións da autoridade sanitaria e a normativa vixentes en cada Comunidade Autónoma, e insistindo na súa correcta utilización.
Personal técnico de gestión, administración y servicios
Secretaria del decanato
María Vanesa González Charlón
Ext. 3702
Conserjería
Víctor Rodríguez Mosquera
Pilar Comesaña Pérez
Blanca Orois Fernández
Ext. 3716
Testing article
This is a test article to find out why there are two titles
Coordinadores
Profesores responsables de titulaciones
Grado en Gestión Digital de Información y Documentación
Carlota Cristina Fernández Travieso [PDI UDC]
Grado en Gestión Industrial de Moda
Vanessa Mato Santiso [PDI UDC]
Grado en Relaciones Internacionales
Jorge Antonio Quindimil López [PDI UDC]
Máster en Estudios Avanzados en Museos, Archivos y Bibliotecas
Javier Ruiz Astiz [PDI UDC]
Máster en Arqueología y Ciencias de la Antigüedad
Juan Luis Montero Fenollós [PDI UDC]



