20200512 FUAC

A Facultade de Humanidades e Documentación organiza dúas vídeocharlas coa Fundación Universidade da Coruña (FUAC) na que nos contarán o programa de prácticas da FUAC para estudantes universitarios. O programa está dirixido a alumnos que superasen o 50% dos créditos, e a alumnos de mestrado, doutoramento ou posgrao. Porén, a asistencia é libre e pode asistir á charla calquera persoa que queira coñecer o programa de prácticas.

A videocharla realizarase mediante unha xuntanza de Microsoft Teams en dous horarios para que non se solape cos horarios das titulacións:

Xoves 11 de febreiro ás 10:00 (axeitado para o 3º curso do Grao en Xestión Industrial da Moda e para o Mestrado en Museos, Arquivos, e Bibliotecas).

VIDEOCHARLA: XOVES 11, 10:00

Venres 12 de febreiro ás 10:00 (axeitado para o 4º curso do Grao en Información e Documentación e do Grado en Humanidades, para o 2º curso do Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación, e para o Mestrado en Museos, Arquivos, e Bibliotecas).

VIDEOCHARLA: VENRES 12, 10:00

Máis información: Folleto en PDF