20190315 AlmorzoXusto

No marco das accións do convenio RGCUD (Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento), a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC organiza unha actividade de sensibilización sobre comercio xusto e consumo responsable o venres 15 de marzo co alumnado do Grao de Xestión Industrial da Moda na Facultade de Humanidades do campus de Ferrol

No almorzo participarán ONGD como Solidariedade Internacional de Galicia, Intermón Oxfam e a iniciativa emprendedora CoClub, que achegarán a súa visión sobre comercio xusto e produción textil, responsabilidade social e cidadanía global, produción local e sostibilidade e a moda e os Dereitos Humanos.

De 10.30 a 12.00 h no hall da Facultade de Humanidades e Documentación.

Podes ver o cartel neste PDF