O xoves, 10 de outubro, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) ofrecerá a conferencia formativa titulada “Valo tragar? Coñece os efectos do tabaco”. O evento terá lugar na Sala de Graos da Facultade no Campus de Esteiro, a partir das 13:00 horas.

Esta conferencia abordará os perigos do consumo de tabaco e o seu impacto na saúde. É unha excelente oportunidade para aprender máis sobre os efectos nocivos deste hábito e para concienciarse sobre a súa prevención.