A Oficina de Relacións Internacionais está a organizar a International Summer School (ISS), cunha oferta de 22 cursos distintos de case todas as grandes áreas de coñecemento.


Os cursos serán impartidos en inglés por profesores europeos, seleccionados pola súa traxectoria e currículo nunha convocatoria competitiva. Cada curso poderá ser recoñecido por 6 créditos ECTS de materias equivalentes nos plans de estudos impartidos na UDC. As actividades terán lugar entre o 4 e 22 de agosto de 2014, aproveitando as posibilidades de lecer e culturais das festas da cidade, en horario de mañá (11.00 a 14.00).

 


Máis información en: http://www.udc.es/ori/iss