O Proxecto de Plan de Acción Titorial (PAT) do curso 2021/2022 da Facultade de Humanidades e Documentación inclúe a creación da figura do alumnado-mentor co obxectivo de establecer un sistema de titoría entre iguais apoiando ao alumnado de nova incorporación. A idea xeral deste programa é que alumnado de cursos máis avanzados, ao que denominaremos ‘alumnado mentor’, sirva de apoio e axuda ao alumnado de recente incorporación no inicio da súa andadura académica. É por iso que se convoca o Programa de Mentoría, cuxas bases se detallan no documento que se adxunta:

Bases da convocatoria do programa de mentorización. Curso 2021/2022

Para inscribirse no programa será preciso cubrir o formulario online de Solicitude de participación como alumno/a mentor/a no Programa Mentoría 2021/22, dispoñible no seguinte enlace:

Formulario de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o día de publicación desta convocatoria até as 23:55 horas do martes 28 de setembro de 2021.