Fuente: Wikimedia commons
O venres 26 do mes de abril celébrase a festividade de San Isidoro de Sevilla, patrón do centro, polo que a Facultade de Humanidades e Documentación permanecerá pechada todo o día.
Aproveitando o tempo libre, podedes botarlle unha ollada á súa principal obra, Etymologiae na BIblioteca Digital Hispánica, na que sistematiza e condensa todo o coñecemento do seu tempo. Incluso fai una enumeración e descrición de prendas de vestir, adornos e zapatos, tal e como se describe neste artígo de investigación.