A Reitoría ven de convocar eleccións de representantes no Claustro Universitario, de representantes nas xuntas de centro e nos consellos de departamento e de representantes do estudantado no Comité de Dirección da Escola Internacional de Doutoramento.
A información pódese consultar na web de eleccións de representantes 2019.
O prazo para presentar candidaturas é dende o 29 de xaneiro de 2019 até as 14:00 horas do día 4 de febreiro de 2019.
O proceso de votación realizarase de forma electrónica entre as 10:00 e as 19:00 do día 21 de febreiro de 2019.