Dende o CEIDA acaba de abrirse o prazo de inscrición para o Curso-Obradoiro METODOLOXÍA PARA A INTERPRETACION DO PATRIMONIO. Procedementos e técnicas de comunicación para achegar o patrimonio natural e cultural ao público que terá lugar do 10 ao 14 de decembro no Castelo de Santa Cruz

 

Este curso ten unha duración de 30h teórico-prácticas e será impartido por Jorge Morales, intérprete e consultor neste ámbito de recoñecido prestixio internacional

Dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina: Traballadores/as con función en interpretación-presentación do patrimonio ao público, vinculados a sitios históricos, monumentos, xacementos, espazos naturais protexidos e museos (persoal de educación e difusión, turismo cultural, ecoturismo), xestores/as culturais, guías de ecoturismo, responsables de programas de uso público, empresas de servizos turísticos, etc.

Máis información e inscricións:

http://www.ceida.org/formacion/curso-obradoiro-metoloxia-para-interpretacion-do-patrimonio.html

 

 

 

Os días 18 e 19 de novembro terá lugar na Facultade de Economía e Empresa a III edición do Foro Xuventude en Movemento que a UDC organiza xunto con Europe Direct e a Deputación de A Coruña. Nesta edición concentramos en dous días toda a actividade formativa (obradoiros e foros informativos). Ademáis invitamos a antiguos alumnos para que compartan a súa experiencia profesional especialmente no eido do empredendemento. Así estarán presentes un representante da empresa Colada Fácil, cadea de lavanderías, de Trileuco, empresa de servizos informáticos, e de Sinergias, empresa de intervención social especializada na igualdade de xénero,

Os dous conferencistas que se achegarán serán Xosé Antonio Touriñán,actor, monologuista e conductor de programas televisivos, Licenciado en Filoloxía Galega pola UDC; e, Anxo Pérez, nacido en Fisterre, formado en EEUU, Bélxica e China. Fala 9 idiomas, foi traductor do presidente Obama, fundador da empresa 8Belts. 

Os obradoiros responden a través de diferentes metodoloxías aos pilares básicos de búsqueda de emprego, marca persoal, curriculum vitae, etc. Teñen por obxectivo reforzar o recén implantado programa de mellora da empregabilidade 2014/2015.

Alén disto, esta formación será susceptible para o alumnado de Grao do recoñecemento de 1.5. crédito, sempre que cumplan coa asistencia a 4 dos 6 bloques dos que se compoñe o programa. 

As actividades son de balde e están abertas a todas as persoas interesadas ainda que on pertenzan á UDC.

 

 

No BOE de 11 de Novembro faise pública a Resolución do 3 de novembro de 2014, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se convocan bolsas de formación e investigación para titulados universitarios.

http://www.boe.es/boe/dias/2014/11/11/pdfs/BOE-A-2014-11650.pdf

A convocatoria de sete bolsas para titulados universitarios,  inclúe cinco para titulados da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas y dúas para titulados na área de Biblioteconomía e Documentación.

 

 

 

La jornada se dedicará fundamentalmente al papel de la cartografía de ocupación y usos del suelo en regiones de fuerte dinamismo socioeconómico. Su importancia para la ordenación del territorio y la conservación de los recursos naturales es fundamental. Para ilustrar este tema, se presentará un caso de estudio: la región de Madrid.

 

10 de Noviembre de 2014 - 11:00 - Aula 5

Facultad de Humanidades y Documentación

Ferrol

 

Díptico de la jornada

 

Academia emprazada en Lalín (casco urbano),  oferta traballo como docente para impartir a parte informática de Arquivos e Bibliotecas dunhas oposicións do grupo A2. O traballo é unhas horas ó día e varios días á semana.

O temario inclúe os seguintes aspectos: 

  • Formatos para o tratamento da información bibliográfica nun contorno electrónico: os formatos MARC. O MARC 21. Linguaxes de marcación aplicadas aos rexistros biblio­gráficos. 
  • Control e xestión de autoridades. Análise da estrutura da información nos rexistros de autoridade e puntos de acceso. Directrices internacionais, especial referencia a FRAD e MARC 21 de autoridades. Programas de control de autoridades.
  • Esquemas de metadatos. A Dublin Core Metadata Initiative. METS, MADS, MODS, PREMIS e outras normas para bibliotecas dixitais.
  • Análise documental e linguaxes documentais. Thesaurus e descritores. Resumos. Novas tendencias: ontoloxías e web semántica. Recomendacións do W3C, especial refe­rencia a SKOS.
  • As novas tecnoloxías e a súa aplicación aos servizos bibliotecarios. Os sistemas inte­grados de automatización de bibliotecas: estado actual e tendencias de futuro.
  • A biblioteca 2.0. Aplicación da web social nas bibliotecas públicas: servizos, tecno­loxías, técnicas e ferramentas. Portais bibliotecarios. Deseño de contidos e servizos dunha web de bibliotecas e outros soportesdixitais ao servizo da biblioteca.

De precisar máis información ou de haber alguén interesado no posto, por favor contacte con Yolanda Rial / tfn.: 986 - 78091

 

.