Inicio Taboleiro Listaxe definitiva – Prazo ordinario – Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas

Listaxe definitiva – Prazo ordinario – Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas

Máster en Museos, Arquivos e Bibliotecas

De acordo co establecido no artigo 8.2 do Acordo do 16 de decembro de 2025, do Consello de Goberno, polo que se aproba a Normativa de preinscrición e matrícula nos Mestrados universitarios para o curso académico 2026/27, procédese a publicar a listaxe definitiva de persoas admitidas, en listaxe de agarda e excluídas no Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas correspondente ao prazo ordinario. A nota da última persoa admitida é 7,3475.

As persoas admitidas disporán dun prazo de matrícula que comeza ás 00:01 (hora peninsular española) do 31 de xullo de 2026 e remata ás 23:59 (hora peninsular española) do 4 de agosto de 2026. No caso de non efectuar a matrícula, perderán a praza asignada e pasarán a integrar a listaxe de persoas excluídas.

No suposto de que, finalizado o prazo de matrícula, queden prazas sen ocupar, serán convocadas á matrícula as persoas que figuran na listaxe de agarda, pola súa orde de nota, agás se están xa matriculadas nunha titulación de maior preferencia.

Contra a resolución definitiva poderase presentar un recurso de alzada perante o reitor no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no TEO.

← Volver ao taboleiro