Relacións Internacionais

O Grao Bilingüe en Relacións Internacionais é un título innovador que capacita para desenvolver unha carreira na cooperación internacional, na empresa e os negocios internacionais ou no ámbito diplomático. Ofrece unha formación transversal e multidisciplinar en política internacional, economía global, dereito internacional e relacións internacionais, que permite analizar con rigor os desafíos da sociedade internacional contemporánea.

Nos dous últimos cursos, o estudantado pode especializarse a través de dúas mencións —cooperación internacional para o desenvolvemento e xestión de proxectos e negocios internacionais— e completa a súa formación con competencias lingüísticas e tecnolóxicas. É un estudo plurilingüe: parte das materias poden cursarse noutras linguas.

240 créditos · Plurilingüe · Curso 2026/2027

Coordinación: Manuel Andrés Soage Quintáns

Ver o plan de estudos completo na UDC →