O Grao en Xestión Industrial da Moda ofrece unha formación práctica e interdisciplinar para a análise e a toma de decisións en toda a cadea de valor da moda: deseño, subministración, distribución e comercialización. É o primeiro grao bilingüe do sistema universitario galego —polo menos o 40 % dos créditos impártense en inglés— e desenvólvese en colaboración co sector téxtil (Cointega).
Con 240 créditos en catro cursos, integra a globalización, a sustentabilidade e a transformación dixital, e estrutúrase en cinco módulos: deseño e moda; xestión e administración empresarial; enxeñaría de procesos e sistemas de información; responsabilidade social empresarial; e unha área transversal. Inclúe prácticas en empresa e traballo de fin de grao (TFG).
240 créditos · 50 prazas · Bilingüe · Curso 2026/2027
Coordinación: Vanessa Mato Santiso