Inicio Taboleiro Listaxe definitiva – Prazo ordinario – 2º de vacantes – Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas

Listaxe definitiva – Prazo ordinario – 2º de vacantes – Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas

Máster en Museos, Arquivos e Bibliotecas

Finalizado o segundo período de matrícula do prazo ordinario, de acordo co establecido no artigo 9.1 do Acordo do 16 de decembro de 2025, do Consello de Goberno, polo que se aproba a Normativa de preinscrición e matrícula nos Mestrados universitarios para o curso académico 2026/27, procédese a publicar a listaxe definitiva de persoas admitidas, en listaxe de agarda e excluídas no Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas para o terceiro período de matrícula. A nota da última persoa admitida é 6,4100.

As persoas admitidas disporán dun prazo de matrícula que comeza ás 00:01 (hora peninsular española) do 14 de agosto de 2026 e remata ás 23:59 (hora peninsular española) do 18 de agosto de 2026. No caso de non efectuar a matrícula, perderán a praza asignada e pasarán a integrar a listaxe de persoas excluídas.

No suposto de que, finalizado o prazo de matrícula, queden prazas sen ocupar, serán convocadas á matrícula as persoas que figuran na listaxe de agarda, pola súa orde de nota, agás se están xa matriculadas nunha titulación de maior preferencia.

Contra esta resolución definitiva poderase presentar un recurso de alzada perante o reitor no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web do Centro.

← Volver ao taboleiro