Inicio Taboleiro A Facultade celebra o 7 de setembro o acto de benvida ao alumnado de novo ingreso

A Facultade celebra o 7 de setembro o acto de benvida ao alumnado de novo ingreso

Xeral

O Decanato da Facultade de Humanidades organiza para o vindeiro luns, 7 de setembro, ás 9:00 h, na Aula Magna, un acto de benvida ao estudantado de novo ingreso.

Durante esta sesión, dunha hora de duración aproximada, o decano e os demais membros do equipo decanal presentaranse ante o novo alumnado, e explicarán o funcionamento xeral do centro, así como os principais servizos que este ofrece e as persoas de referencia ás que dirixirse para realizar os diferentes trámites e xestións.

Desde o Decanato anímase a todo o estudantado de primeiro curso a asistir a este acto, concibido como unha primeira toma de contacto coa vida universitaria e co funcionamento da facultade.

← Volver ao taboleiro