20190530 CursoDeVerano

Os estudos e a investigación no campo da Exiptoloxía e do Oriente antigo contan cunha escasa tradición en España. Este curso ten como principal obxectivo cubrir unha lagoa formativa do noso sistema universitario no ámbito da Historia Antiga Universal, dando a coñecer as contribucións da investigación española sobre Éxito e Oriente Próximo na antigüidade. Nesta edición o tema central será a cidade e a realeza e contará, ademais, cun obradoiro de introdución a escritura cuneiforme.

Prazo de matrícula: do 21 de maio ata o 25 de xullo

Horas de duración: 15

Datas de realización: 4, 5 e 6 de setembro

Lugar de realización:

  • Ferrol (Facultade de Humanidades e Documentación)
  • Ortigueira (Teatro de Beneficencia)

Información e matrícula: Oficina de Cursos da UDC