Inicio Taboleiro Presentación da sesión de benvida ao alumnado de 1.º curso

Presentación da sesión de benvida ao alumnado de 1.º curso

Xeral

Xa está dispoñible a presentación empregada na sesión de benvida ao alumnado de novo ingreso do curso 2026/2027.

Recolle a información práctica do centro: a diferenza entre a secretaría académica e a UXAI, a web da facultade e a da UDC, a reserva de espazos, os horarios e o calendario de avaliación, as titorías, as guías docentes, o campus virtual e o Office 365, a coordinación de cada titulación, as prácticas externas e as condicións de uso da intelixencia artificial.

É unha presentación interactiva: ábrese directamente no navegador, avánzase coas frechas do teclado, a tecla O mostra o índice e a tecla F activa a pantalla completa.

← Volver ao taboleiro