De acordo co disposto na memoria de verificación do Grao en Xestión Industrial da Moda, para ser admitido neste será necesario acreditar, polo menos, o cumprimento dun dos seguintes requisitos de coñecemento do idioma inglés, mediante a presentación de calquera dos seguintes xustificantes:

  • Certificación oficial de nivel B1 de inglés (só admitiranse os certificados recoñecidos pola Asociación de Centros de Linguas na Ensinanza Superior, www.acles.es)
  • Cualificación en inglés igual ou superior a 7 nos dous cursos de bacharelato.
  • Ter cursado, en sistemas educativos de fala inglesa, 4.º curso de ESO ou un curso de bacharelato.
  • Diploma de asistencia e aproveitamento de nivel B1.2 ou superior de inglés, ou diploma de dominio de nivel B1 ou superior de inglés do Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Tamén se admitirán certificados similares expedidos por outros centros de linguas de universidades españolas.

De acordo co exposto, establécese o prazo desde o 8 de abril de 2018 ata o 23 de xuño de 2019, ambos os dous días incluídos, para presentar calquera dos xustificantes que acrediten o cumprimento do requisito para o acceso ao Grao en Xestión Industrial da Moda. Estes presentaranse a través da páxina web http://gradoindustrialmoda.udc.gal/requisitos-ingles-y-plazos/

CALENDARIO:

  • 08/04/2019 a 23/06/2019 - Presentación dos xustificantes
  • 26/06/2019 - Publicación da lista provisional de persoas con xustificantes admitidos
  • 27/06/2019 a 03/07/2019 - Reclamacións á lista provisional
  • 05/07/2019 - Publicación da lista definitiva e envío dos datos á CIUG

Publicación en la sede electrónica da la UDC