Actualizado o 03/09/2020 para reflectir a obligatoriedade de uso de máscara para todas as persoas que accedan ao centro en todos os espazos.

A Xunta de Facultade do 30/07/2020 aprobou o plan de prevención e hixiene fronte á covid-19 da Facultade de Humanidades e Documentación para o curso 2020-2021. O documento está en revisión permanente en función da evolución dos feitos e da nova información de que se dispoña respecto da enfermidade e das instrucións que se reciban das autoridades competentes. Porén, a súa URL non mudará polo que pode ser almacenada nos marcadores do navegador:

https://humanidades.udc.es/images/stories/documentos/HYD-covid-19.pdf

A normativa da UDC de aplicación é a seguinte:

A continuación, presentamos un resumo de medidas fronte á covid-19 na Facultade de Humanidades e Documentación.

Docencia na aula

Se explica con detalle en el plan de docencia para el curso 2020/2021.

Horarios

Os horarios do alumnado planificáronse para que a entrada no centro se realice de xeito escalonado. Por termo xeral, o alumnado de 1º de XIM comezará ás 8:30, o de 2º ás 15:30, e o de 3º ás 11:30. No caso de XDID, 1º entrará ás 15.30 e 2º ás 9:00. No caso de Humanidades, 3º e 4º comezarán por termo xeral ás 9:15. No caso de Información e Documentación, 3º e 4º comezarán por termo xeral ás 9:30. O mestrado MAB entrará por termo xeral ás 16:00.

A duración das clases de docencia será de 90 ou 120 minutos. Os docentes deben entrar e saír da aula 5 minutos antes do inicio e do fin para permitir a ventilación das aulas

Exames

Os exames finais serán presenciais nas aulas habilitadas para iso. As probas de avaliación continua poderán ser na aula en todos os casos se o profesor ou profesora encargado así o decide. A Aula Magna non estará dispoñible para ningunha actividade fora de horario lectivo ao ser a aula de docencia tanto expositiva como interactiva dos grupos máis numerosos do centro.

Aforo dos espazos

Todos os espazos da Facultade contan con carteis indicando as capacidades máximas mantendo a distancia interpersoal de seguridade. Nas aulas con bancos fixos están sinalizados os pupitres que non se poden usar. Nas demais aulas están os postos xustos para non superar o aforo.

Entrada e saída ao centro

As portas de entrada e saída atópanse rotuladas e ben diferenciadas para facilitar o fluxo de estudantes e traballadores ao centro. Entrarase pola porta principal e sairase polas portas traseiras de emerxencia.

Corredores

Co fin de garantir a distancia de seguridade nos desprazamentos polo centro colocouse sinalización horizontal no chan indicando as direccións de circulación. Do mesmo xeito atópanse sinalizadas as escaleiras. Débese circular sempre pola dereita. Dado que o ancho dos corredores non permite manter a distancia interpersoal de seguridade, o uso de máscara é obligatorio nos desprazamentos polo centro.

Ascensores

O uso dos ascensores é individual. So se utilizaran en caso de necesidade e teñen prioridade persoas embarazadas ou con limitacións de mobilidade.

Aseos

Os aseos contan con carteis informativos limitando a súa capacidade e sobre como lavar as mans de forma correcta. Instaláronse dispensadores de xel hidroalcólico e de papel para secado de mans. Os secadores de mans atópanse fora de servizo.

Xel hidroalcólico

Instaláronse dispensadores de xel hidroalcólico en puntos estratéxicos da Facultade como nas entradas das aulas, corredores e aseos. O persoal dos distintos servizos conta con dispensadores de uso restrinxido.

Aulas

A Aula Magna ten a entrada pola porta que está más preto do posto do profesor, e ten a saída polo fondo da aula.

Nas aulas con bancos fixos están sinalizados cun distintivo vermello os asentos que deben quedar baleiros para manter a distancia de seguridade interpersoal. Nas demais aulas están os postos xustos para non superar o aforo. 

As fiestras e portas das aulas estarán abertas por defecto. No caso de pechalas durante a clase, o profesor ou profesora deberá asegurarse que, ao finalizaren, queden abertas para permitir a ventilación.

Cada aula disporá, no posto do profesor, de panos desinfectantes para utilizar antes e despois do uso dos equipos de uso común (por exemplo: teclado, rato, mando do proxector).

Limpeza

Porémonos de acordo coa empresa da concesión para establecer un protocolo de limpeza con tres quendas para os aseos e de dúas quendas para Conserxaría e as aulas de uso compartido por máis de un grupo.

Máscara

É obrigatorio o uso da máscara para todas as persoas que accedan ao centro e en todos os espazos do centro, durante a permanencia no mesmo, seguindo as recomendacións da autoridade sanitaria e a normativa vixentes en cada Comunidade Autónoma, e insistindo na súa correcta utilización. Recoméndase o uso da máscara hixiénica, a poder ser reutilizable, para alumnado, profesorado e persoal administrativo de servizos.

Esta obrigación non será aplicable aos supostos indicados no documento actualizado o 31 de agosto de 2020 coas recomendacións do Ministerio de Universidades á Comunidade Universitaria para adaptar o curso universitario 2020-2021 a unha presencialidade adaptada e medidas de actuación das Universidades ante un caso sospeitoso ou un positivo de COVID-19:

  1. Persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de máscara.
  2. Persoas nas que o uso de máscara resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados.
  3. Persoas en situación de discapacidade ou dependencia que non poidan quitarse a máscara se precisan.
  4. Persoas que presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  5. Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza destas, resulte incompatible o uso da máscara.

A estas excepcións se engade o caso no que unha persoa estea nun despacho de uso individual e sen presencia de outras persoas.