VI. ANUNCIOS

B) ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de bibliotecario/a-arquiveiro/a, por consolidación de emprego temporal, incluída na oferta de emprego público 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 55, do 21 de marzo de 2019, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de bibliotecario/a-arquiveiro/a, grupo I, consolidación de emprego temporal, persoal laboral fixo, por concurso oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Capela, 21 de marzo de 2019

Manuel Meizoso López
Alcalde

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190328/AnuncioL118-220319-0002_gl.html?fbclid=IwAR0TZ7KRRGMlp719OphNlent7jrZhPyYdxr1azkw5gOCL1IRuN7nX3XilTg